¿QUEN SOMOS?
A Plataforma Empresarial de Afectados pola AP-9 (PAAP9) constitúese entre a FEDERACIÓN GALEGA DE TRANSPORTISTAS (TRANSPORTISTAS.GAL) e o despacho xurídico XOAN ANTÓN PEREZ-LEMA AVOGADOS E CONSULTORES SL, e agrupa ás empresas, autónomos e profesionais prexudicados pola actuación abusiva e contraria a dereito da empresa Autopistas del Atlántico Concesionaria Española S.A. (AUDASA), quen ten por obxecto o exercicio dos dereitos e o cumprimento das obrigas derivadas da xestión da concesión administrativa, nos aspectos de construción, conservación e explotación da autoestrada de peaxe Ferrol-Tui.
A PAAP9 posibilita facer fronte aos custos dun litixio colectivo contra AUDASA co obxecto de restituír os danos e prexuízos ocasionados a empresas, autónomos e profesionais usuarios da autoestrada AP-9 a raíz das obras de mellora na ponte de Rande entre o febreiro de 2015 e xuño de 2018.
SE ES EMPRESARIO/A, AUTÓNOMO/A OU PROFESIONAL:
¡RECUPERA OS TEUS CARTOS!
¿POR QUE RECLAMAR?
Porque todos os vehículos que circularon pola ponte de Rande nese período de case tres anos e medio que duraron as obras de ampliación na ponte foron vítimas das prácticas abusivas de AUDASA, quen non prestou o servizo nas condicións necesarias de fluidez e seguridade como para cobrar por este durante este tempo polo uso da vía, xa que a circulación se viu permanentemente afectada en Rande.
AUDASA non só seguiu cobrando o importe ordinario da peaxe como se o servizo fose prestado en correctas condicións, senón que inclusive aplicou a suba de 1 de xaneiro 2018, malia que as obras non remataron ata varias meses despois.
¿CANTO SE PODE RECLAMAR?
Poderase reclamar as devolución do importe das peaxes no treito Vigo – Pontevedra durante o período indicado, os xuros legais, e inclusive os danos que os reclamantes poidan acreditar ter sufrido neste período por mor dos atascos, paralizacións ou retrasos.
¿QUEN PODE RECLAMAR?
Empresas e entidades xurídicas de calquera natureza, autónomos e profesionais usuarios da autoestrada nese período no treito Vigo – Pontevedra, que por non tratarse de consumidores (persoas físicas) fican fóra da regulamentación de Consumo e por tanto non poden reclamar por esta vía.
¿COMO RECLAMAR?
As empresas, entidades, autónomos ou profesionais que desexen reclamar a través desta Plataforma de Afectados pola AP-9 deberán subscribir a ficha de adhesión á PAAP9, subscribir un poder de representación e achegar a paap9@transportistas.gal a documentación que acredite o uso da autoestrada entre febreiro de 2015 e xuño 2018: facturas detalladas, documentos/escritos que acrediten prexuízos, paralizacións ou retrasos nese período derivados das obras na autoestrada, etc.
ENTIDADES ADHERIDAS
As asociacións, colexios profesionais, cooperativas ou demais entidades que desexen colaborar coa PAAP9 para canalizar a través da nosa agrupación aos seus asociados ou membros que desexen interpoñer a súa reclamación a AUDASA, poden adherirse formalmente á nosa Plataforma para deste xeito facer máis eficaz a preparación e presentación dos seus expedientes.